Utilizamos cookies de terceiros para mellorar continuamente os nosos servizos. Se continúas navegando aceptas o uso destas.

   Más Intormación - Aceptar.

Desde a Deputación da Coruña lanzamos esta campaña para sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como dignificar a comunidade #LGTBQI

#construindodiversidade

 

"En Galiza, os principios de liberdade e igualdade do individuo aparecen recollidos no Estatuto de autonomía, no seu artigo 4.2 recolle a obriga que corresponde aos poderes públicos de «promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social».

A lexislación internacional sobre dereitos humanos e múltiples tratados internacionais consagran a igualdade como un principio xurídico fundamental e universal. Desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que establece que «toda persoa ten os dereitos e as liberdades proclamados nesta declaración, sen ningunha distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición», numerosos textos sobre dereitos humanos e múltiples tratados  consagran a igualdade das persoas como un principio xurídico fundamental e universal."

...sabías que?

O Día Internacional do Orgullo LGTBQI que ten lugar o 28 de xuño conmemóranse os disturbios de Stonewall (New York) de 1969 que marcaron o inicio do movemento de liberación homosexual.

 

 

A bandeira LGTBQI ou bandeira do arco da vella -ás veces denominada bandeira da liberdade- foi utilizada como símbolo do orgullo gay e lésbico desde finais dos anos 70. As diferentes cores simbolizan a diversidade na comunidade LGTBQI.

 

 

Aínda que pareza incríbel, a homosexualidade segue a ser considerada como un delito que se castiga ca pena de morte en paises como Irán, Mauritania, Arabia Saudita, Sudán, Yemen, Nigeria e Somalia.

 

 

glosario

Lesbiana:
Palabra que se usa para describir a unha muller que se sinte emocional ou fisicamente atraída por mulleres.

Gay:
Home que se sinte atraído emocional ou fisicamente por alguén do mesmo sexo.

Transexual:
Termo legal que designa a unha persoa que está en vías de levar a cabo, levando a cabo ou que levou a cabo unha cirurxía de reasignación de sexo.

Bisexual:
Orientación sexual na que unha persoa se sinte atraída por ambos sexos, mulleres e homes.

Queer:
Significa “pouco usual” en inglés. Termo inglés alternativo a LGTB. Tamén se utilizou con propósitos despectivos, pero moitas persoas LGTB novas utilízano como un modo de autoafirmarse xa que é un termo en continua evolución. Describe tamén toda unha corrente de pensamento que se expresou á súa vez nun movemento ou corrente social (con presenza especialmente nos EEUU, a partir dos anos 80 e 90), que busca potenciar a diferenza humana no seu senso máis amplo e foxe das identidades fixas ou estáticas, avogando pola versatilidade e variedade das potencialidades humanas.

Intersexual:
Posesión de características físicas de ambos sexos. Son intersexuais as persoas nadas sen un sexo cromosomático que as defina como home ou muller; tamén coñecidas vulgarmente como hermafroditas. Normalmente, o sexo de nacemento de moitas/os nenas/os que nacen intersexuais defínese con cirurxía.

Recomendacións

  • Literatura infantil
    • Monstruo Rosa
    • !Soy una niña¡
    • Aitor tiene dos mamás
    • Titiritesa
    • Trans bird
    • Con tango son tres
    • ¿Que le pasa a Uma?

  • Literatura xuvenil
    • Julia, la niña que tenía sombra de chico
    • Nano
    • Sin miedo
    • El beso de Aquiles
    • Homosexualidade
    • De chico a chica
    • Will Grayson, Will Grayson
    • Te daria el mundo
    • George: simplemente sé tu mismo
    • El arte de ser normal
    • El fuego en el que ardo
    • El chico de las estrellas

  • Literatura Adulta
    • A semellanza
    • Benquerida Catástrofe
    • Querido Eduardo. Cartas de Suárez, Picallo a Blanco Amor
    • Degenerando
    • Para acabar con Eddy Bellegueule
    • Sudor
    • El sonido de los cuerpos
    • 10 Ingobernables: Historias de transgresión y rebeldía
    • El libro de Gloria Fuertes: Antología de poemas y vida
  • Ensaios e divulgacións
    • Salir del armario: Guía para padres de Lesbianas, Gais, Bisexuales y Transexuales
    • Infancia y Transexualidade. Juan Gavilán.
    • Catarata. La huella de la violencia en parejas del mismo sexo. Carlos G. García
    • Queer-eros un mundo novo: sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Teresa moure
  • Cine
    • La calumnia
    • Boys don´t cry
    • Transamérica
    • Three
    • Kuchu: si nos seguimos escondiendo, dirán que no estamos aquí
    • Laurence Any ways
    • About Ray
    • La chica danesa
    • Lilting
    • Carol

 

Páxina de inicio
 
Copyright: Deputación da Coruña · Desenvolvemento: triwus.com